RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 12 ( 10/ 1996)

O editorial destaca o aumento de referencias a gais e lesbianas nos medios de comunicación, denuncia as agresións a gais nas rúas de Compostela e defende a importancia de organizarse. As páxinas de cultura tratan a presenza de gais e lesbianas no cinema, nos libros, na banda deseñada e na música. Os artigos reflexionan sobre a crise da familia nuclear, o lastre patriarcal na lexislación e a realidade da homosexualidade en Cuba. En “Novas Rosas” abordan a bisexualidade, a sida e o inicio dos trámites parlamentares dunha lei de parellas en España. Critican o peche do Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade de Compostela e a lei de familia do PP. Aplauden a consolidación da ILGA en Portugal, a creación dun local de ambiente en Compostela, dunha televisión homosexual en Europa, e a convocatoria da COFLHEE en Madrid.