RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 11 ( 6/ 1996)

A ilustración da portada e contraportada é de Francisco Pereiro. O editorial abre cun 28 de xuño que, nos medios de comunicación, foi relegado a un segundo plano pola caza de bruxas derivada do caso Arny. Tamén se fala da sexualidade na adolescencia. En “Novas Rosas” dan conta das celebracións do 28 de xuño, da creación do Colectivo Milhomes na Coruña, da publicación de Voces de Queempostela e dun novo cómic de Ralf König. Trátanse ademais temas habituais como a insubmisión, o silencio administrativo ante as agresións nos parques de Compostela e a homofobia en América Latina. Inclúe unha entrevista co poeta e xornalista Antón Rodríguez López (Antón Lopo). A opinión reflexiona sobre a necesidade de colectivos reivindicativos. Os artigos tratan a homosexualidade nos dicionarios e da sida. As páxinas de cultura falan de gais e lésbicas no cinema, nos libros e na banda deseñada e, como é habitual, a última páxina recolle referencias de grupos adscritos á COFLHEE.