RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 10 ( 4/ 1996)

O editorial destaca o incremento de actividades desenvolvidas polo CGC e a importancia de erradicar a homofobia no tecido social, na lexislación e no ensino. A sección “Novas Rosas” destacan filias ou fobias LGTBIQ+ nos medios de comunicación, nos concellos, no BNG, en Portugal ou en Costa Rica. Referéncianse publicacións periódicas de gais e lesbianas, fondos bibliográficos do CGC e dos grupos adscritos á COFLHEE. Identidade e comunidade gai, unha exposición de Carlos Torres no CGAC e as formas de nomear a homosexualidade son os asuntos tratados na sección “Artigos”. Na “Entrevista” afóndase nos estudos gais e lésbicos na universidade con Xosé Manuel Buxán Bran. Este, xunto con Alex Mene, son os autores da imaxe da portada e contraportada.