RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 9 ( 6/ 1995)

Este número ábrese cun editorial dedicado ao 28 de xuño e destaca a función da revista como medio de comunicación e loita política aberto a colaboracións. Introduce a axenda de actividades do CGC. Na sección “Colaboración” cuestiónase o rexeitamento da “pluma” gai. Os artigos ocúpanse da adopción e dos despidos improcedentes. Aparecen entrevistas a Patxi Vázquez, alcalde do Carballiño; a Néstor Rego, do BNG; e Juan Casares, das Novas Xeracións do PP. En relación coa música nas pistas de baile, co cómic e coa televisión destácase o seu uso como unha forma de militancia e/ou visibilización de gais e lésbicas. Inclúe a recensión dun libro de John Boswel e destaca na última páxina un chamamento á saída do armario en Galicia.