RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 5 ( 1/ 1993)

O editorial destaca o incremento de novas relacionadas cos dereitos de gais e lesbianas nos medios de comunicación. A sección “Colaboración” trata a bisexualidade na Grecia clásica. Os artigos percorren as teorías científicas sobre a homosexualidade ao longo dos últimos cen anos, casos de homofobia na USC e na Xunta de Galicia, que tamén é obxecto de crítica polo peche do Comité Cidadán Galego Antisida. En “Novas Rosas” critícase o incremento de videoxogos con contido nazi en Israel. Ademais, aborda a sida nas persoas heterosexuais, a eliminación de contidos homófobos na normativa dalgunhas liñas aéreas británicas ou na lexislación de países do leste, e a aparición de organizacións e convocatorias de gais e lesbianas en diferentes lugares do mundo. As habituais direccións da COFLHEE recóllense na contraportada.