RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 2 ( 6/ 1991)

A revista ábrese coa sección “Novas Rosas”, onde se achega información sobre a creación da Radical Gai, o teléfono de información do COGAM e a revista portuguesa Cúmplice. Dá conta tamén da porcentaxe de homes gais en Reino Unido, denúnciase a desinformación sexual existente nos centros de ensino e un caso de discriminación en Esquerda Unida de Madrid. Nos artigos lémbrase a Giovanni Antonio Bazzi “Il Sodoma”, os procesos de represión da ditadura franquista, os primeiros anos de andaina do movemento e as orixes da celebración do 28 de xuño. Esta data tamén é un dos asuntos que se trata na sección “Tertulias”, onde se aborda, ademais, a relación entre homosexualidade e Igrexa católica.