RESUMO

Fluxos
n. 2 ( 2000)

A sección de artigos comeza cun traballo de Richard M. Crowe sobre a relación entre homosexualidade masculina e nación na literatura en galés e o contexto colonial en catro autores (pos)modernos: Tegla, Aled Islwyn, R.H Jones e Mihangel Morgan. O artigo de Carlos M. Callón analiza as relacións sexo-afectivas entre persoas do mesmo sexo na lírica medieval galego-portuguesa. Jesús Mohinhos Pardavila estuda as estratexias comunicativas entre lesbianas e entre gais a partir dos códigos corporais, o vestiario e os obxectos. Beatriz Gimeno denuncia os problemas de marxinación das lesbianas nas organizacións feministas e no activismo gai. Na sección de notas Jano Pardo Vuelta aborda a existencia dunha subcultura gai-lésbica nun contexto social heterosexista, e Álvaro Brandariz céntrase na minoría de idade en relación á sexualidade e o dereito. Inclúe unha recensión de Word’s out. Gay men’s English, de William L. Lead. Como no núm.1, péchase a revista con recomendacións para un uso non sexista da lingua.