RESUMO

A Saia
( 3/ 1982)

Impreso en rosa, ocúpase do feminismo independente e o nacionalismo en Galicia. Entre os textos publicados, case todos escritos polo Colectivo Feminista Independente Galego, destacan os artigos sobre o Día da Muller, o cinema producido por mulleres, unha entrevista a Ana Liste sobre a figura das bruxas e mais un artigo de Margarita Ledo Andión sobre a prensa nacionalista e as mulleres. As colaboracións literarias están formadas por poemas de María Bauçá e Ana Romaní. Este número inclúe unha sección de cine e muller e outra de notas e curiosidades onde se denuncian situacións de abuso de poder e violencia contra as mulleres.