Repertorio da prensa da emigración galega

----
Entidade editora:
Lugar:
Roma
Inicio:
1973
Idioma:
Galego
Formato:
33 x 22 cm.
Extensión:
Variable, entre 6 e 8 páxinas
Prezo:
50 liras (contribución voluntaria)
Financiamento:
"Ca contribución económica de todos. Contribución espontánea e libre"
Redacción:
Facoltà di Filosofia, Largo Angelico,1. Roma
Imprenta:
Roma. Lacio.
Contido:
Prensa de contido político que informa sobre a problemática social e política de Galicia. Nas súas páxinas atopamos noticias sobre a situación que está a atravesar a clase obreira e o campesiñado galego. Fanse continuas críticas ao poder central e comentarios que reivindican a utilización da lingua galega. A poesía ocupa un espazo propio nesta revista, así como a presentación de bibliografía diversa
Observacións:
Preséntase en forma de fotocopias mecanografadas e grampadas
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Non ten
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1973: n.º 0-3