Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletín do Comité para Galicia

Lugar:
Groningen
Inicio:
1978
Colaboración
Branco; Chichi Rodríguez; Elly Quist; Gjalt Jelsma; J. Luis Alonso; Jikkie Jonkman; Marianneke Schoonbeek; Marjan Someitink; Pauline Roffel; Pedro Arcay Boquete; Pedro Reigada; Tonny Lipman; Xoán Seixas; Xosé Díaz Núñez; Xosé Ramón Rodríguez Fernández; Domingo Prieto;
Periodicidade:
Irregular, aínda que a súa intención é que sexa bimensual (6 números ao ano)
Idioma:
Galego
Formato:
29 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 10 e 17 páxinas
Prezo:
número solto: 1 florín; subscrición: 10 floríns. No n.º 4 de 1979 fan a seguinte aclaración: "antes o MOENDO fíxose en offset, agora en esténcil (…) para poder chegar a unha distribución gratuíta"
Redacción:
Radijsstraat, 39. Groningen
Imprenta:
Groningen. Groninga.
Contido:
Publicación societaria de carácter nacionalista que pretende "informar, traéndolles novas da nosa terra relativas á situación política, económica, social, cultural i a todo o que coma galegos i emigrantes nos poida interesar, sin esquecer de traerlle as novas do Comité pra Galicia relativas á súa organización, ás súas realizacións, ós seus proiectos". Atopamos noticias referidas á situación económica, política e social de Galicia, así como asuntos relativos ao Comité e as súas seccións. Dende este boletín tamén se abordan temas referidos á lingua e á cultura galegas, atendendo ás publicacións e acontecementos máis importantes, así mesmo inclúe contos para nenos, "poesía da emigración", lecto-escritura en lingua galega etc.
Ilustracións:
A cuberta sempre reproduce un debuxo. No interior as fotografías son escasas, pero hai numerosos debuxos que ilustran poemas, relatos literarios etc.
Publicidade:
Só aparece propaganda do xornal A Nosa Terra.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
[1978]: n.º 1-3
[1979]: n.º 4-6