Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Voceiro do Centro Galego de Bruselas

Entidade editora:
Lugar:
Bruxelas
Inicio:
1986
Dirección
Miguel Palomo López;
Colaboración
Aleixo de Sintra; Antonio Fernández Atienza; Armand Jacquemen; Charles Picque; J. P. Van Hees; Josefina López de Serantes; López de Breogán; Lorenzo de María; Manuel Aneiros; Marisol Palomo López; Maurits Wysmans; Maxito Beiró; Meeus Thierry; Miguel Palomo; Natalia Testera; Patrick Debouverie; Ramón Díaz; Rodolfo Pérez Fernández; Rosa Díaz Pérez; Salvador de Soutullo; Santiago Pemán; Sonia Pardo Barbón; Xavier Rodríguez; Manuel Fraga; Ramiro Fonte;
Deseño gráfico
Ramón Díaz Pérez; Rosa Díaz Pérez; Sonia Pardo Barbón;
Secretaría de redacción
María Uxía Sánchez Villa;
Periodicidade:
Bimestral, a partir de 1993 pasou a ser anual ou semestral
Idioma:
Castelán, galego, francés e flamengo, cunha prorción moi variable entre os números
Formato:
30 x 21 cm. 1999: 21 x 14'5 cm.
Extensión:
Moi variable, entre 21 e 44 páxinas
Prezo:
Gratuíta, excepto cando forma parte da revista El Sol de Bélgica. Neste caso os lectores pagan 70 francos belgas en 1995; e 75 francos en 1996-1997
Financiamento:
Secretaria Xeral coas Comunidades Galegas no Exterior (1999)
Redacción:
Bruxelas. Bruxelas capital
Imprenta:
Wasteels-La Louvière, Bruxelas. Bruxelas capital.
Guerrero Graphics, Bruxelas. Bruxelas capital.
Contido:
Publicación societaria, que pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia etc.).
Observacións:
Desde 1995 esta publicación aparece integrada en El Sol de Bélgica: La revista en español de la capital europea. O número de 1999 é máis pequeño que os anteriores e saíu independente da citada publicación.
Ilustracións:
Abundantes fotografías, principalmente de carácter social e institucional, de monumentos e paisaxes.
Publicidade:
Moi abundante, ocupa entre 14 e 19 páxinas. Aparecen anuncios de establecementos comerciais, produtos españois, banca, hostalaría, axencias de viaxes, compañías de transporte e propaganda de carácter institucional (Xunta de Galicia).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1987: n.º 5, 7
1988: n.º 8-10
1989: n.º 11-14
1990: n.º 15-18
1991: n.º 19-23
1992: n.º 24-28
1993: n.º 29
1994: n.º 31, 32
1995: n.º 33, 34
1999: n.º 40
2003: n.º 42, 43
2004: n.º 44
2006: n.º 46
2007: n.º 47
2008: n.º 48, 49
2009: n.º 50
2010: n.º 51, 52