A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 15 números de Andaina. Revista galega de pensamento feminista (2009-2013), que conforman a terceira xeira da segunda época da publicación. O consello de redacción está composto por Nadia Álvarez Fernández, Ana Arellano, Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra, Ana Luisa Bouza Santiago, Dalila Dopazo, Zélia Garcia, Laura Gómez Lorenzo, María Teresa Gómez Louzao, Pilar Pérez Rey, Saleta de Salvador Agra, Nanina Santos Castroviejo, Iria Vázquez e Estrela Villaverde. Mantén continuidade na numeración, seccións e número de páxinas. Actualízase o deseño.
Subtítulo:

Revista galega de pensamento feminista

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
Época:
2ª época. 3ª xeira
Inicio:
[2008]
Fin:
[2013]
Comezo-cese:
N.º 50 (terceiro cuadrimestre de 2008) – n.º 64 (2013)
Periodicidade:
Semestral
Idioma:
galego
Formato:
21 cm ancho x 30 cm alto.
Extensión:
Entre 36 e 60 páxinas
Prezo:
n.º 50 a 59: 5 euros; n.º 60: 7 euros; n.º 61 a 64: 10 euros
Tiraxe:
Entre 250 e 300 exemplares
Lugares de distribución:
Venda en librerías e subscricións
Financiamento:
Fondos propios, publicidade, venda e subscricións.
Contido:
Publicación semestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. A terceira xeira da segunda época de Andaina mantén o subtítulo Revista galega de pensamento feminista, o número de páxinas, as seccións e a temática. Hai cambios no deseño, que é da autoría de Uqui Permui. Mantén a continuidade na numeración. Por lapsus nos créditos, o n.º 63 indica “último semestre”, en lugar de “primeiro semestre”. No n.º 64 hai disparidade na datación que aparece na cuberta e nos créditos pero nunha nota aclaratoria indícase que é a derradeira entrega de 2013, e avisa que a crise afecta a Andaina e van dedicar máis esforzo á edición dixital. Publícase entre 2008 e 2013 cun total de 15 números, un deles dobre (n.º 61-62). O consello de redacción está formado por: Nadia Álvarez Fernández, Ana Arellano, Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra, Ana Luisa Bouza Santiago, Dalila Dopazo, Zélia Garcia, Laura Gómez Lorenzo, Pilar Pérez Rey, Saleta de Salvador Agra, Nanina Santos Castroviejo, Iria Vázquez, Estrela Villaverde e, a partir do n.º 63, María Teresa Gómez Louzao. A maioría das imaxes son do arquivo da revista. Todos os números presentan papel estucado a cor na portada e contraportada; emprega o branco e negro nas páxinas interiores agás no n.º 50, que emprega cor no dossier.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, de artistas recoñecidas, fotografías de arquivo e algúns artigos engaden gráficos
Publicidade:
Publicidade de asesorías turísticas, Concellería da Muller/Concello de Santiago de Compostela, librerías (n.º 61-64) e Mesa pola Normalización Lingüística (n.º 55-64).
Relacionadas:
Andaina. [1ª época], 1983 ((Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras)); Andaina. [2ª época 1ª xeira], 1991 ((Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras)); Andaina. [2ª época. 2ª xeira], 1999 ((Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras));
Referencias bibliográficas:
“Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.
“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº 7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.
“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Créditos:

Créditos

Andaina [2ª época 3ª xeira]

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Uxía Sánchez García

Base de datos
Kike Benlloch

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)

Agradecementos
Carme Adán Villamarín
Andaina de mulleres
Rosa Rius
Nanina Santos Castroviejo
Anxos Sumai
Paloma Uría
Iolanda Martínez
Saleta de Salvador Agra

n. 50

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 50 12/2008
n. 51 4/2009
n. 52 9/2009
n. 53 12/2009
n. 54 4/2010
n. 55 9/2010
n. 56 12/2010
n. 57 4/2011
n. 58 9/2011
n. 59 12/2011
n. 60 4/2012
n. 61-62 12/2012
n. 63 12/2013
n. 64 4/2014