Repertorio da prensa da emigración galega

----

A Nosa Galiza

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Xornal da Sociedade A Nosa Galiza

Lugar:
Xenebra
Colaboración
A. García; C. Limia; Cheo; I. López; Ricarde; T. Pena; V. González; Celso Emilio Ferreiro; Manuel María; Margarita Ledo;
Sinatura de artigos reproducidos
Eduardo Pondal;
Idioma:
Galego
Formato:
30 x 21 cm.
Extensión:
N.º 2: 29 páxinas; n.º 3: 22 páxinas
Tiraxe:
N.º 3: 300 exemplares
Redacción:
91, Rue de la Servette. Xenebra
Imprenta:
Prelo da Sociedade A Nosa Galiza, Xenebra. Xenebra.
Contido:
Publicación continuadora de Semente: boletín da Sociedade A Nosa Galiza. A revista pretende "informar ós socios e a tódala xente encol das actividades e actualidade da Sociedade. O xornal ten que ter traballos e estudios encol da afirmación xeral da lingua galega e dos enxebres valores culturais i einicos da nación galega, eisi como toda cras de artigos encol dos problemas aituás de Galicia".
A maioría dos artigos informan sobre os distintos aspectos da entidade: estado de contas, xunta directiva, estatutos etc. Ademais contén traballos e estudos sobre os valores culturais de Galicia como literatura, contos, poesía, biografías de escritores, notas de libros; e artigos sobre economía, xeografía e emigración galega etc. Ademais inclúe páxinas dedicadas a temas de contido máis xeral como deportes, informacións xurídicas etc.
Observacións:
Blanco Campaña sinala a súa saída en 1953, mentres que Santos Gayoso indica que empeza a publicarse en 1973.
Ilustracións:
Escasas, aparecen algúns debuxos de motivos galegos e fotografías, principalmente de carácter social.
Publicidade:
Escasa, só en dúas páxinas centrais. Anuncios de bancos e compañías de transporte e unha casa aseguradora.
Relacionadas:
Semente. 1982 (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.); Revista de A Nosa Galiza. 1988 (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.); Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza. 1993 (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1972: n.º 3, 4
1973: n.º 5
1974: xaneiro-febreiro
2ª época:
1979: marzo, maio/xullo, setembro/novembro