Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Casa Galega de L'Hospitalet

Entidade editora:
Lugar:
Hospitalet de Llobregat
Inicio:
2002
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con textos en galego
Formato:
Revista, B/N. 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 54 e 60 páxinas.
Contido:
Publicación societaria que é unha continuación da anterior revista Festas de Santiago. Ambas as dúas informan sobre a celebración en Hospitalet de Llobregat de Santiago Apóstol, co programa festivo e cultural da Casa Galega. Inclúe tamén artigos sobre Galicia, autores galegos (destacando o homenaxeado do Día das Letras Galegas), textos literarios etc. Conta con seccións de ocio sobre gastronomía galega, pasatempos, etc.
Ilustracións:
Fotografías de socios e directivos nas diversas actividades societarias; tamén imaxes de Galicia (paisaxes, monumentos etc.). Mantén na portada, nunha esquina a imaxe de Santiago Apóstolo como peregrino, imaxe do anterior voceiro social.
Publicidade:
Moi numerosa, con anuncios de todo tipo de negocios distribuídos por toda a revista.
Relacionadas:
Festa de Santiago. (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2003
2004
2005
2006
2009