Repertorio da prensa da emigración galega

----

Festa de San Xoán

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Xenebra
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego
Formato:
21,5 x 15 cm.
Extensión:
32 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Contido:
Boletín societario editado con motivo da celebración da Festa de San Xoán, organizada pola entidade A Nosa Galiza de Xenebra para toda a colectividade emigrada. Con esta festa pretenden difundir a cociña e o folclore galego e español na cidade de Xenebra. Na publicación aparece o texto do pregón das festas que sempre teñen lugar na Place de la Sardaigne Carouge da cidade suíza. Ademais do programa das festas, hai tamén información sobre o Día das Letras Galegas dese ano, con biografía e textos do autor homenaxeado.
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Moi numerosa, con anuncios de negocios de todo tipo que axudan na organización das festas.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2000: XIII Festa
2001: XIV Festa
2003: XVI Festa
2012: XXV Festa