Repertorio da prensa da emigración galega

----

Revista Ecos

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Bélgica en Español

Entidade editora:
Lugar:
Bruxelas
Inicio:
2004
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con algún texto en galego e en francés
Formato:
Revista, cor, 30 x 21,5 cm.
Extensión:
66 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Contido:
Esta revista informa a colectividade española asentada en Bélxica sobre a vida cultural hispana e latina que poden atopar alí, sen esquecer tamén información sobre a realidade española do momento. Neste número en concreto aparece editado o número 44 de A Nosa Voz, voceiro do Centro Galego de Bruxelas con motivo do seu 25 aniversario fundacional. Tamén ten unha amplia reportaxe sobre a organización da Feira Andaluza en Bruxelas (xa na portada).
Observacións:
O número consultado vai editado co n.º 44 de A Nosa Voz.
Ilustracións:
Numerosas fotografías de actos culturais
Publicidade:
Abundante, basicamente anuncios de negocios de españois na capital belga. Tamén de centros e actos culturais españois e latinos.
Relacionadas:
Nosa Voz, A. 1986 (Publicacións da mesma entidade que se editan conxuntamente);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2004: n.º 15