Repertorio da prensa da emigración galega

----

Acción Española

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano Oficial del Centro Gallego de México, D. F.
1924: Órgano Oficial de los Centros Unión Montañesa y Centro Gallego de México D. F.
1925: Publicación Hispano-Mexicana. Órgano oficial del «Centro Gallego» y de la «Unión Montañesa de México»
1927: Revista Hispano-Mexicana. Órgano Oficial de la Sociedad Centro Gallego de México
1930: La Revista que enaltece a España y México

Lema:
Na portada aparece o seu lema principal «Llega un tiempo en que los cuerpos más solidos se descomponen, solo el ideal es incorruptible», coa bandeira de España e xunto co escudo de Galicia e de Santander
Entidade editora:
Entidade editora:
Lugar:
México, D. F.
Inicio:
1922
Periodicidade:
Irregular. Comeza tendo saída mensual, pero en 1925 convértese nuns meses en quincena para pasar en 1927 a ser bimensual.
Idioma:
Castelán
Extensión:
Variable, entre 20 e 48 páxinas, aínda que os números extraordinarios poden chegar a ter 98 páxinas
Prezo:
Comeza custando 25 centavos e un ano máis tarde ten un prezo de 50 centavos
Contido:
Revista fundada por Manuel Vidal Martínez quen foi o seu director e propietario. Nos números editados defínese como unha revista «dedicada a estrechar los lazos de España con los países Hispano-Americanos, y muy especialmente todo cuanto tienda a la fraternidad Hispano-mexicana». Foi creada pois, para informar a colonia española residente en México sobre as diversas entidades de emigrantes españois que traballan a prol dos seus intereses. Conta con moitas noticias sobre a política e os políticos españois do momento, así como dos mexicanos. Tamén ten páxinas culturais e sociais, con información de todo o que acontece na capital e que poida ser de interese para os españois alí residentes. Hai numerosos artigos sobre toureiros e temas taurinos, moi populares no país azteca.
Ilustracións:
Numerosas fotografías de actos, destacando as páxinas sociais con vodas, nacementos etc.
Publicidade:
Moi abundante: diversidade de anuncios de negocios distribuídos polo xornal.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1924: n.º 27-29, 31, 32, 34, 35, 37
1925: n.º 38, 40, 41, 44, 45
1926: n.º 46, 48, 50
1927: n.º 51-57
1929-1930: n.º 4
1932: n.º 1, 2
1934: n.º 1
n. 27

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 27 3/1924
n. 28 15/4/1924
n. 29 11/5/1924
n. 31 16/6/1924
n. 32 7/1924
n. 34 30/9/1924
n. 35 31/10/1924
n. 37 20/12/1924
n. 38 30/1/1925
n. 40 10/3/1925
n. 41 25/4/1925
n. 44 10/1925
n. 45 30/11/1925
n. 46 3/1926
n. 48 7/1926
n. 50 11/1926
n. 51 4/1927
n. 52-53 6/1927
n. 54-55 8/1927
n. 56-57 10/1927
n. 4 1/1930
n. 1 7/1932
n. 2 12/1932
n. 1 1/1934