Radiodifusión galega na emigración

----

La Voz de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Subtítulo:

La voz de la Galicia emigrada al servicio de la Galicia entera

Entidade promotora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1953
Condución
“Tacholas”;
Periodicidade:
semanal (xoves)
Idioma:
castelán
Extensión:
30 minutos (21:00-21:30 horas)
Contido:
Programa galego promovido por Fernando Iglesias ‘Tacholas’ e o Centro Ourensán. Contaba para isto cun pequeno equipo de profesionais no que se destacaban, ademais del mesmo como condutor principal do programa, o locutor comercial José Carreira e o técnico de son José Citelli, todos eles profesionais da emisora LR9. O patrocinio correu a cargo do Centro Ourensán, que para celebrar a posta en antena organizou un acto de presentación oficial para toda a colectividade no que interviñeron como convidados máis relevantes á coral da entidade provincial e ao escritor Eduardo Blanco Amor.
Localización: Consello da Cultura Galega e Fonoteca da Radio Galega.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 256-272.
PÉREZ RODRÍGUEZ. Luís: Fernando Iglesias ‘Tacholas’, un actor auriense na Galicia ideal. Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1996.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega: