Preséntanse aquí os dous números publicados de Fluxos. Anuario galego de estudios gais e lésbicos, editados entre 1998 e 2000 pola Asociación Sociocultural Blanco Amor co apoio do Colectivo Gai de Compostela. A revista pretende favorecer os estudos gays e lesbianos en Galicia por esa razón fai unha chamada para o envío de estudos, reflexións ou bibliografía. Ten como obxectivo ser unha publicación científica interdisciplinar que permita un mellor coñecemento do “feito homosexual” na cultura, a historia, a xeografía, a lingüística e a teoría desde perspectivas diversas.
Subtítulo:
Anuario galego de estudios gais e lésbicos
Lugar:
Santiago de Compostela
Data de inicio:
1998
Data de fin:
2000
Comezo-cese:
N.º 1 (1998) – n.º 2 (1999-2000)
Formato:
24 cm alto x 17 cm ancho
Financiamento:
Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Contido:
Publicación dedicada ao estudo e a reflexión sobre a cuestión homosexual e as irrupcións que supoñen a experiencia e representación de gais e lesbianas. Publicou dous números, en 1998 e nos anos 1999-2000. Estrutúrase en tres seccións: artigos, notas e recensións. A portada inclúe imaxes, en branco e negro con representacións da masculinidade gai. Os interiores están impresos en tinta negra sobre papel branco. Os números non están ilustrados agás nun artigo sobre arte e SIDA. Redactada en galego, foi subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Ilustracións:
Reprodución puntual de obra artística no primeiro número
Números consultados:
Os dous publicados
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 1 (1998) – n.º 2 (1999-2000)
Créditos
UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales
Base de datos
Kike Benlloch
Web
Miguel Alonso Fachado
Agradecementos
Xosé Manuel Santos Solla