A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 5 números de as + perralheiras, editados entre 2005 e 2006 por As Maribolheras Precárias (MBP), un grupo de artivismo queer da Coruña, non vinculado a organizacións, que ten como obxectivo a denuncia da homofobia, a queerfobia, o heterosexismo e a precariedade desde unha posición radical de esquerdas antiglobalizadora. Trátase dunha publicación ilustrada que se recoñece no ACT UP e parte da parodia, a celebración, o humor e a cultura popular. Informa da actividade das MBP, inclúe enquisas, entrevistas, informacións, consellos e escolma textos da teoría queer internacional.
Subtítulo:

A voz escrita das MariBolheras Precárias

Entidade editora:
Lugar:
A Coruña
Inicio:
2005
Fin:
2006
Comezo-cese:
N.º 0 (2005) - n.º 3 (ago. 2006)
Periodicidade:
Trimestral [segundo datos da propia revista]
Idioma:
Galego e castelán
Formato:
Números 1-4: 21 cm alto x 14,70 cm ancho
Extensión:
Entre 22 e 34 páxinas
Prezo:
N.º 0: 1 euro N.º 1 - n.º 3: a vontade
Tiraxe:
N.º 1, 2: 500 exemplares n.º 3 e nº4: 1000 exemplares
Financiamento:
Fondos propios e publicidade.
Contido:
as + perralheiras, subtitulada “A voz escrita das MariBolheras Precárias” (MBP), é unha revista festiva queer da Coruña. Publica 5 números entre 2005 e 2006. Inclúe seccións de entrevistas, enquisas, informacións, accións artísticas, escolma de prensa, e consellos na sección “Amor e truquiños”. A portada e contraportada inclúen imaxes, a cores, de artivismo queer, protagonizadas por integrantes das MBP. Todos os números están ilustrados con fotografía e infografía en branco e negro. Redactada habitualmente en galego, inclúe algúns textos en castelán. Non recibe subvencións e inclúe publicidade de locais de lecer.
Ilustracións:
Fotografías, infografías e debuxos.
Publicidade:
Locais e establecementos de ocio.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 0 (2005) - n.º 3 (ago. 2006)
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega Comisión de Igualdade
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Jorge Carrillo Flores
Susana Guitar Novo

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Xosé Manuel Santos Solla

n. 0

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 0 2005
n. 1 6/2005
n. 2 10/2005
n. 3 3/2006
n. 4 8/2006