A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 22 números de Andaina. Revista galega de pensamento feminista, que conforman a primeira xeira da segunda época desta publicación (1991-1998), que se presenta baixo a dirección de Ana Arellano. Cos cambios producidos na estrutura, no deseño, formato e número de páxinas da revista procúrase acadar un público máis amplo. Mantén o obxectivo de difundir e animar o debate entorno ás posicións, accións, denuncias, propostas e teorías feministas existentes dentro e fóra de Galicia, denunciar situacións de violencia, desigualdade e discriminación, en particular os que atinxen ás mulleres e persoas LGTB, recoller novas achegas, recuperar a memoria e a historia.
Subtítulo:

Revista galega de pensamento feminista

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
Época:
2ª época 1ª xeira
Inicio:
1991
Fin:
1999
Comezo-cese:
N.º 1 (dec. 1991) - n.º 22 (1999)
Periodicidade:
Cuadrimestral
Idioma:
Galego
Formato:
23,70 cm ancho x 33,70 cm alto
Extensión:
Entre 40 e 60 páxinas
Prezo:
N.º 1 - n.º 4 = 400 pts; n.º 4 – n.º 22 = 500 pts
Tiraxe:
Entre 250 e 300 exemplares
Lugares de distribución:
Venda e subscricións
Financiamento:
Fondos propios, publicidade, subscricións, venda
Contido:
Publicación trimestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. Primeira xeira dunha segunda época da revista Andaina que presenta nova numeración e cambios no seu subtítulo, formato, número de páxinas e estrutura. O seu obxectivo é reforzar a revista como punto de encontro das voces e tendencias do feminismo, dar testemuño dos acontecementos, actos e denuncias protagonizadas por mulleres e acadar un público máis amplo. Como consecuencia disto, a revista segue a ser un referente documental do movemento e debates feministas.
A segunda época de Andaina, leva o subtítulo de Revista galega de pensamento feminista. Esta primeira xeira da segunda época vai de 1991 a 1999 e abrangue un total de 22 números. Presenta unha directora, Ana Arellano, e un consello de redacción.
A estrutura da revista mantén as seccións “Denuncias e comentos”, dossier temático, entrevista e crítica cultural (libros, cine, televisión, teatro e música). Engade apartados de notas breves onde se comentan novas, declaracións e citas: “Celebridades”, “O falar non ten cancelas” e “Referencias de aquí e dacolá”. Aparece unha páxina, “Perfís”, para dar a coñecer diferentes organizacións e créanse espazos específicos para facer memoria de mulleres destacadas: a partir do número 2 a contraportada, con fotografía e nota biográfica; e a partir do número 3, a sección “Recuperar a memoria”. Nalgúns números aparecen seccións específicas de cartas, xardinería, cociña e crítica literaria.
O deseño e maquetación segue a cargo de Uqui Permui e a maioría das imaxes son de Mónica Couso ou do arquivo da revista. Todos los números presentan papel estucado a cor na portada e contraportada e emprega o branco e negro nos interiores.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con máis ou menos recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos
Publicidade:
Publicidade de locais, organizacións, establecementos como bares, librerías ou perruquerías, e institucións: Concellería da muller. Concello de Santiago de Compostela (n.º 3 – n.º 22), Xunta de Galicia (n.º 5 – n.º 6), Concellería da Muller. Concello de Vigo (n.º 5 – 16)
Relacionadas:
Andaina. [1ª época], 1983 (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras); Andaina. [2ª época. 2ª xeira], 1999 (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras);
Referencias bibliográficas:
“Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.
“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.
“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 1 - n.º 22
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Centre de recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (ADHUC), Universitat de Barcelona (antes: Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona)

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Guillermo Manuel Corral Manzano
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez

Base de datos
Kike Benlloch

Desenvolvemento e deseño
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Andaina de Mulleres

n. 01

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 01 12/1991
n. 02 3/1992
n. 03 7/1992
n. 04 12/1992
n. 05 4/1993
n. 06 7/1993
n. 07 12/1993
n. 08 4/1994
n. 09 7/1994
n. 10 12/1994
n. 11 4/1995
n. 12 7/1995
n. 13 10/1995
n. 14 4/1996
n. 15 7/1996
n. 16 12/1996
n. 17 5/1997
n. 18 9/1997
n. 19 12/1997
n. 20 5/1998
n. 21 7/1998
n. 22 10/1998