A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----

Alborada. Órgano de la Mujer Democrática

Colección: A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+;
Preséntase aquí os 3 números localizados de Alborada. Órgano de la mujer democrática (MDMC), publicados en 1970 e 1972. Céntrase na información sindical xeral, con particular atención aos feitos de Ferrol de 1972, os dereitos das traballadoras e as reivindicacións das mulleres en cuestións como a sanidade, a planificación familiar, os labores domésticos e o acceso ao mundo laboral.
O MDM adscribíase ao Partido Comunista Español e xorde como grupo organizado de mulleres de presos políticos na clandestinidade. A primeira agrupación do MDM en Galicia aparece en 1969 en Vigo, que edita o boletín A muller e a loita.
Subtítulo:

Ano II, n. 1 e 2: Órgano de la Mujer Democrática
n. Especial: Órgano del Movimiento Democrático de Mujeres de La Coruña

Entidade editora:
Lugar:
A Coruña
Inicio:
[1969]
Fin:
1972
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán
Formato:
32,20 cm. alto x 21,80 cm. ancho
Extensión:
Entre 4 e 6.
Prezo:
5 pesetas [3 céntimos de euro]
Lugares de distribución:
Repartíase de maneira clandestina polas casas, mercados e colexios.
Financiamento:
Fondos propios.
Contido:
Publicación de periodicidade irregular sen ilustracións editada polo Movimiento Democrático de Mujeres da Coruña (MDMC). Sitúanse na liña da loita antifranquista do Partido Comunista de España ao que se adscriben. O seu obxectivo prioritario é a loita obreira e a emancipación das mulleres e das traballadoras. Localizáronse dous números publicados en 1970, onde se indica que é o ano II da publicación, e mais un especial, de 1972, sobre a represión e asasinatos da ditadura franquista no sector naval de Ferrol. Os números de 1970 levan como subtítulo: Órgano de la Mujer Democrática e en 1972 Órgano del Movimiento Democrático de Mujeres de La Coruña. Foron impresos en multicopistas, a tinta negra sobre papel branco e grampadas. Ten unha gráfica coidada na que se alterna a disposición a dúas columnas con outras solucións.
Ilustracións:
Carece
Publicidade:
Carece
Relacionadas:
Alborada. 1966 (Mesma entidade editora); muller e a loita, A. 1971 (Mesma entidade editora);
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariám Mariño Costales

Base de datos
Kike Benlloch

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)

Agradecementos
Fundación 10 de Marzo

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 9/1970
n. 2 10/1970
n. especial sucesos Ferrol 1972