Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Revista do Centro Galego de Barcelona

Entidade editora:
Lugar:
Barcelona
Inicio:
1982
Dirección
Daniel Perez Guerra;
Colaboración
Feliciano Martínez; Humberto de Acevedo; Julio Castelo; Luis Suárez; Manuel Blanco Castro; Manuel R. López; Xulio de Abral; Basilio Losada; Francisco Fernández del Riego; Pilar Corredoira;
Periodicidade:
Bimensual
Idioma:
Integramente en galego, pero a editorial advirte que é unha sociedade bilingüe e que poden publicar os artigos en castelán. Tamén inclúe notas animando a falar e escribir en galego.
Formato:
30,5 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 20 e 24 páxinas
Redacción:
Rambla de Capuchinos, 35-37. Barcelona
Imprenta:
Algraf, Sepúlveda, 121. Barcelona.
Contido:
Revista de Sociedade, que pretende difundir: "calquer idea que teña que ver cos nosos temas, co amor á terra e á galeguidade […] A revista do C. G. tenta servir a os socios, a os galegos en Catalunya, a galeguidade en xeral, e a nosa Terra". Atende principalmente a informar dos aspectos societarios da mesma e da actualidade da colectividade galega en Barcelona ("Galegos en Catalunya", "A directiva informa", "Masa coral" etc.). A publicación tamén trata temas galegos, en xeral: literatura, lingua, cultura, política, historia, emigración etc. ("Galegos universais", "Gramática Galega" etc.).
Ilustracións:
Fotografías de sociedade e institucionais e abundantes debuxos de temática variada.
Publicidade:
Numerosos anuncios, espallados por toda a revista. Trátase de anuncios comerciais, de inmobiliarias etc.
Relacionadas:
Centro Gallego de Barcelona. (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.); Alborada. [2ª época], 1952 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.); Centro Galego de Barcelona. 1978 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: n.º 12-14