Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Orgâo das Mocedades Galeguistas (Filial de Irmandade Galega)

Lema:
A nosa voz pregoa -a redenzón da boa- nazón de Breogán.
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1954
Dirección
C. Conles Tizado;
Colaboración
A. Moreda; Adeliña González Doval; Avelino Díaz; Carlos Abraira; Eloisa Ares Otero; Antón Santamarina; Bieito Cupeiro; Francisco Fernández del Riego; Ramón de Valenzuela; Ramón Suárez Picallo; Xosé Neira Vilas;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
32,5 x 22 cm. N.º 5: 22 x 17 cm.
Extensión:
N.º 1-4: 8 páxinas; n.º 5: 4 páxinas
Prezo:
Gratuíta, indican que se enviará a quen a solicite.
Redacción:
Belgrano, 2186. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación de carácter político editada para informar sobre as actividades societarias (asembleas, edicións de libros etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia dende postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica en varias das súas seccións como "Da Galicia asoballada" ou "O Fungueiro".
Observacións:
O número 5 (outono de 1956) sae cun novo formato e paxinación despois dunha paréntese dun ano.
Ilustracións:
Moi escasas, fotografías de actos sociais e de personalidades galeguistas (Castelao, Alonso Ríos, A. Faraldo). Nos n.º 4 e 5 non ten.
Publicidade:
Moi escasa e limitada a audicións radiofónicas, ensino do idioma galego e a venda de libros.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1954: n.º 1-3
1955: n.º 4
1956: n.º 5