Contido:
A Asociación Mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires, fundada en 1918, edita esta revista con motivo do seu 50 aniversario fundacional. Nela inclúe artigos referidos á sociedade e á súa historia, programas de actos e unha descrición das actividades realizadas pola institución para celebrar esta efeméride. Dá conta das celebracións de datas destacadas no seo da colectividade galega como o Día de Galicia, ou o Día das Letras Galegas. Tamén contén informacións sobre a situación de Vigo e, en menor medida, de Galicia; tamén ten colaboracións literarias, referidas a maior parte á comarca de Vigo