Repertorio da prensa da emigración galega

----

As Rías Baixas

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista de Difusión del Centro Noia-Rianxo de Buenos Aires

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1990
Coordinación
Santiago Laranga Arufe;
Dirección
Santiago Laranga Arufe;
Colaboración
Elda Beatriz Romero de Silva; Elena Vidal de Moares; Francisco Rey Tulio; Jorge Alberto Calvetti Mosquera; Julio César Pasquato; Liliana Elida Pomero Hurtado; María de la Esperanza González;
Corresponsalía
David Otero, Rianxo; Francisco Martínez Martínez, Noia;
Deseño gráfico
Alfredo Noya Abeijón; Jorge M. Fudin;
Produción
Alfredo Noya Abeijón;
Publicidade
Ángela Mosquera de Ramos; Cecilia Santos; Elena Vidal de Moares; Manuel Moraes Tubio;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con algún artigo e colaboración literaria en galego
Formato:
28 x 20 cm
Extensión:
Variable, entre 20 e 22 páxinas
Redacción:
General Urquiza, 1021. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación societaria editada coa finalidade de achegar Galicia e a súa realidade aos seus integrantes. Aparecen artigos sobre o Camiño de Santiago, o Quinto Centenario, descricións das paisaxes galegas, lembranzas de emigrantes, definición da morriña, os galegos e o fútbol arxentino, entre outros. Tamén recolle informacións de utilidade para os emigrantes, páxinas de pasatempos, seccións para mulleres e noticias sociais
Observacións:
O n.º de 1992 consultado aparece como Suplemento de la Revista As Rías Baixas, n.º 1 (1992). Ten unha peor calidade de presentación e presenta un cambio de formato (22 x 17 cm)
Ilustracións:
Só aparecen na revista, sobre todo fotografías de actividades do Centro e sociais
Publicidade:
Moito máis numerosa na revista que no Suplemento, destacan os anuncios de establecementos comerciais
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1991: n.º 2
1993: n.º 3
1994: n.º 4