Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Revista de Arte e Letras editada pol-a Coral Os Rumorosos

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1935
Fin:
1935
Colaboración
A. Zapata García; Antón Comesaña; J. Abella; Miguel Revestido; Castelao; Antón Villar Ponte; Emilio Pita; Manuel Prieto; Ricardo Flores;
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Galego
Formato:
27 x 18 cm
Extensión:
28
Redacción:
México, 1660. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Revista editada pola Coral Os Rumorosos, vinculada á Sociedade Nazonalista Pondal. A publicación presta unha atención prioritaria aos artigos de carácter cultural, con diferentes achegas á música, teatro, lingua e literatura galega. Tamén abundan as colaboracións artísticas e literarias, incluíndo fragmentos de obras de Castelao, Curros Enríquez ou Nietsche, xunto a poesías e relatos de persoas vinculadas á Coral, e mesmo reproducen partituras musicais. A orientación nacionalista da publicación reflíctese en artigos de M. Oliveira e A. Vilar Ponte e nos chamamentos a colaborar coa Institución Cultural Gallega ou con A Fouce etc. Por último, informa das finalidades e as actividades da institución editora
Ilustracións:
Fotografías e debuxos de temática galega (paisaxes, costumes etc.)
Publicidade:
Abundante, anuncios comerciais (almacéns, despensas, confeitarías), pequenas industrias artesanais etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1935: n.º 1