Repertorio da prensa da emigración galega

----

Suevia [1916]

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Gallega

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1916
Fin:
1916
Dirección
Joaquín Pesqueira;
Subdirección
J. Barreiro Costoya;
Ilustración
Lourido; Castelao;
Sinatura de artigos reproducidos
Prudencio Canitrot;
Colaboración
A. Fernández Alonso; A. Rey Soto; A. Zapata García; Arreiro Costoya; Castro Seijo; Ignacio Ares de Parga; L. Pedreira; Miguens Parrado; Eugenio López Aydillo; José Costa; Ramón Cabanillas; Ramón María Valle-Inclán; Roberto Blanco Torres; Victoriano García Martí;
Periodicidade:
Quincenal, aparece o 1º e 3º domingo de cada mes
Idioma:
Predominio do castelán, en galego aparece algunha colaboración literaria e artigos soltos
Formato:
31 x 22 cm.
Extensión:
24 páxinas
Prezo:
N.ª solto: 0,20$; trimestre: 1,20$; semestre: 2,40$; ano: 4,80$; exterior: 6$
Redacción:
Alsina, 890. Bos Aires
Imprenta:
Talleres Peuser, Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Revista cultural ilustrada. "¿Crear un periódico de arte gallego! He ahí una gran empresa de altura, de sacrificio, de abnegación". Na publicación abórdanse temas culturais (literatura, folclore, etc.), políticos (dentro dunha orientación agrarista-galeguista), históricos etc., contando cun amplo número de colaboradores. Outros apartados da revista informan das actividades das asociacións de emigrantes, das novas da colectividade e de Galicia. Tamén inclúe numerosas colaboracións literarias.
Ilustracións:
Revista ilustrada con numerosas reproducións artísticas, fotografías de Galicia, debuxos e viñetas de Castelao, Lourido entre outros.
Publicidade:
Moi numerosa e localizada nas páxinas iniciais e finais. Está constituída por avisos comerciais, de bancos, profesionais etc.
Relacionadas:
Suevia [1913]. 1913 (Dúas publicacións que comparten cabeceira e director. A do ano 13 ten un carácter máis galeguista en canto a de 1916 é máis cultural.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1916: n.º 1-6