Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Publicación oficial de la sociedad Mondoñedo y distritos

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1926
Colaboración
Avelino Rodríguez Elías; Cándido Carreira Domenech; Enrique de Antón; F. de Totoumén; Miguel Barreiro Díaz; Salvador Golpe; Xosé María de la Fuente Bermúdez; José Trapero Pardo; Manuel Leiras Pulpeiro;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Formato:
46 x 31 cm.
Extensión:
Variable, entre 4 e 8 páxinas
Redacción:
Piedras, 530. Bos Aires
Bernardo de Irigoyen, 483. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación societaria, na que unha parte moi importante da mesma está dedicada a informar das súas actividades e situación interna (descrición de actos organizados, Memoria e balance, socios ingresados, estatutos, acordos das directivas etc.). Por outra parte, inclúe novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en "Noticias de Mondoñedo". Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.
Observacións:
Asume un lixeiro republicanismo, na Memoria de 1927-28 con críticas á ditadura de Primo de Rivera. Non aparece imprenta pero si anuncios de Imprenta La Iberia, San José, 236.
Ilustracións:
Fotografías que complementan os artigos, así como vistas da comarca, retratos de personalidades e fotografías de sociedade
Publicidade:
Escasa. Avisos de carácter comercial, bancos, lugares para actos sociais etc.
Relacionadas:
Do Noso Lar. 1923 (Publicacións editadas pola mesma sociedade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1926: n.º 4
1927: n.º 11, 13, 14
1928: n.º 15, 16