Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1923
Fin:
1923
Dirección artística
Francisco Lamas;
Dirección
Ramiro Illa Couto;
Administración
Xenaro F. Couto;
Colaboración
C. Fernández Mazas; F. Bello Piñeiro; Teixeira de Pascoaes; X. Quintanilla; Castelao; Antón Villar Ponte; Fermín Bouza Brey; Luís Peña; Ramón Cabanillas; Vicente Risco; Victoriano Taibo;
Redacción
Antonio Vázquez Palacios; Arturo Carril; Carlos Rodríguez; Miguel Revestido; Xavier Insua; Xosé Ares Miramontes;
Secretaría
Santiago G. Nolla;
Xefatura de redacción
Eduardo Blanco Amor;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Galego, mesmo nos avisos comerciais
Extensión:
20 páxinas, agás o número do 25 de xullo que ten 24
Prezo:
N.º solto: 0,25$; 12 números: 3$; combinado co boletín Nós, 9$; combinado co boletín Nós e a novela mensual de Céltiga, 11$
Redacción:
Brasil, 1084. Bos Aires
Imprenta:
Talleres Gráficos El Arte, General Eugenio Garzón, 3739. Bos Aires.
Contido:
Publicación nacionalista editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses ("Os nosos poetas", "Letras irmáns"), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade ("Da causa" e "De Nós").
Observacións:
Existe unha edición fascimilar
Ilustracións:
Publicación cun deseño moi coidado, que insire diversos debuxos para mellorar a edición dos artigos. A pesar de non ser moi numerosas, destacan as reproducións da obra gráfica de artistas galegos.
Publicidade:
Abundante, aparecen, sobre todo, anuncios de tabacos, comerciais, venda de publicacións (boletín Nós e outros libros galeguistas).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1923: n.º 5