Repertorio da prensa da emigración galega

----

Nova Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista de Cultura y Política

Entidade editora:
Lugar:
París
Inicio:
1966
Dirección
Isaac François. Ano 1966; Jan Verbertlaf. Ano 1973; M. Albert Coninck. Ano 1973;
Colaboración
A. García; Antón de Ponte; Antonio Soureiro; Antonio Vila; Emilio Ferreiro; Faraldo; J. Eiroa; Mareiro; S. Novo; Xesús Lameiro; Xoaquín Faraldo; Xosé Castelao; Ramón de Valenzuela; Santiago Álvarez;
Ilustración
Castelao;
Periodicidade:
Bimestral, e co paso do tempo faise trimestral
Idioma:
En 1966 predominio do castelán sobre o galego, mentres que na revista do ano 1973 sucede o contrario
Formato:
1966: 25,5 x 13,5 cm. 1973: 22 x 15,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 66 e 76 páxinas
Prezo:
1966: España: 25 ptas.; Francia: 2,5 francos; Bélxica: 25 francos belgas; Suíza: 2,5 francos suízos; R.F.A: 2,5 marcos; EE.UU., Cuba, México, Arxentina, Brasil, Venezuela, Uruguai e demais países iberoamericanos: 0,5$ ou o seu equivalente. En 1973: España: 35 ptas.; Francia: 3 francos; Suíza: 2,25 francos suízos; Alemaña: 2 marcos; Holanda: 2 floríns; América: 0,75$; Inglaterra: 4 chelíns; Suecia: 3 coroas
Lugares de distribución:
España, Francia, Bélxica, Suíza, RFA, Inglaterra, USA, URSS
Redacción:
Anatole-France-93-Bagnolet. París
Imprenta:
Imprenta Hermel, 49 Rue Hermel. París.
Contido:
Prensa de carácter político antifascista: "Nova Galicia será sobre todo, un activo combatiente por que se liquiden definitivamente las formas fascistas de poder, que atenazan aún a España y se conquiste la libertad y la democracia". Contén diversos artigos, nos que se analiza a problemática da economía galega, a vida política, cultural e social, denunciando o rexime imperante en España. En todas estas facetas está presente o fenómeno da emigración.
Observacións:
Os primeiros números edítanse en Francia, mentres que os de 1973 parecen editados en Bélxica. A presentación do número de 1973 faise en follas grampadas.
Ilustracións:
Aparece algunha reprodución artística e debuxos de Castelao.
Publicidade:
Non ten