Subtítulo:
Órgano de "Hermandad Gallega"
Lema:
Lee y compara. Eso nos basta. Nuestra misión: prestigiar lo que ellos desprestigian.
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Data de inicio:
1/12/1939
Dirección
Xerardo Álvarez Gallego;
Administración
Xosé Vilariño Roca;
Colaboración
Castelao; Basilio Álvarez Rodríguez; Eduardo Blanco Amor; Enrique Líster; Ramón Otero Pedrayo;
Ilustración
Bagaría; Castelao; Carlos Maside;
Extensión:
Variable, 4, 6, 8 ou 11 páxinas
Redacción:
A Habana. A Habana
Imprenta:
A Habana. A Habana.
Contido:
Publicación editada pola "Hermandad Gallega", agrupación do Centro Gallego da Habana, na que se aborda a problemática do mesmo, criticando a xestión da súa directiva encabezada por Cayetano García Lago. Era un voceiro da "esquerda", dirixido por Xerardo Álvarez Gallego. Conta con numerosas seccións como "Cóchegas", "De esguello", "Glosas", "Cartas del otro mundo" (asinadas por destacados autores como Waldo A. Insua, Eugenio Mañach, Fidel Villasuso, Adelardo Novo ou Xerardo Álvarez Gallego, entre outros), "Reflexiones de Bastián", "Gaita y Tamboril" etc.
En xullo de 1940 editan un número extraordinario con motivo do Día de Galicia.
Ilustracións:
Reproducións de debuxos de Castelao, Maside ou Bagaría. Hai tamén retratos de persoeiros afíns a liña política da agrupación ou de literatos galegos, imaxes de paisaxes, fotos das instalacións do Centro Gallego, actos sociais etc.
Publicidade:
Pouca e intercalada no texto, son sobre todos anuncios de negocios (talleres de mecánica, zapaterías, garaxes, tendas de mobles, camiserías, bares, tinturerías, peleterías etc.).
Números consultados:
1940: n.º 2-11
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1940: n.º 2-8, 10, 11