Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletín Informativo del Centro Coruñés de Montevideo
A partir do n.º 9: Publicación mensual del "Centro Coruñés"

Entidade editora:
Lugar:
Montevideo
Inicio:
1958
Fin:
[1962]
Xefatura de redacción
Miguel Vázquez Valiño. A partir do nº 8;
Periodicidade:
Irregular. Comeza sendo mensual pero a partir de 1959, edítase cada dous meses e en 1961 ten un parón dun ano
Idioma:
Castelán, con algún texto literario en galego
Formato:
N.º 1-5: 25 x 16 cm. A partir do n.º 5: 40 x 29 cm.
Extensión:
4 páxinas, aínda que hai números con 6 páxinas
Prezo:
Gratuíto
Redacción:
Montevideo. Montevideo
Imprenta:
Montevideo. Montevideo.
Contido:
Publicación editada polo Centro Coruñés de Montevideo é un "boletín informativo e órgao de eispresión do Centro Coruñés" tal como eles proclaman no primeiro número. O xornal informa da actividade societaria realizada polo centro e da vida cultural da colectividade galega no Río da Prata. Hai numerosos artigos que tratan sobre a cultura, a lingua e a sociedade galega, con noticias de actualidade. A partir dese número 8 aparecen artigos asinados por escritores galegos e conta cunha sección fixa "Panorama Coruñés" feita por Juan Naya Pérez. Nesta sección aparecen numerosas noticias sobre a vida cultural da cidade e da provincia. Hai tamén reproducións de noticias aparecidas na prensa galega do momento e textos literarios e poesías de autores galegos.
Observacións:
A partir do número 8 aparece como redactor responsable, Miguel Vázquez Valiño, xornalista e político galego, exiliado no Uruguai a partir de 1955. Foi un dos fundadores do Centro Coruñés de Montevideo e presidente da entidade.
Ilustracións:
Algunhas fotografías de socios ou persoeiros
Publicidade:
Poucos anuncios distribuídos pola publicación (negocios de hostalaría, alimentación, Banco de Galicia etc.).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1958: n.º 1, 5, 6, 8-10
1959: n.º 11-16, 18-21
1960: n.º 22-24, 27, 28
1961: n.º 29, 30
1962: n.º 31
n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 4/1958
n. 5 6/1958
n. 6 7/1958
n. 8 10/1958
n. 9 11/1958
n. 10 12/1958
n. 11 1/1959
n. 12 2/1959
n. 13 3/1959
n. 14 4/1959
n. 15 6/1959
n. 16 7/1959
n. 18 9/1959
n. 19 10/1959
n. 20 11/1959
n. 21 12/1959
n. 22 1/1960
n. 23 2/1960
n. 24 4/1960
n. 27 10/1960
n. 28 12/1960
n. 29 2/1961
n. 30 4/1961
n. 31 5/1962