Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Tribuna independiente

Lema:
Por el progreso y cultura general de Galicia
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1917
Colaboración
Cura de Oza; R. Graña; Roberto Acebed;
Fotografía
Jesús Casal Vázquez;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán
Formato:
26,5 x 18 cm.
Extensión:
9 páxinas
Prezo:
0,20$
Redacción:
Moreno, 1300. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación societaria, editada co obxectivo de dar a coñecer as novas e informacións máis relevantes de interese para os emigrantes da provincia da Coruña en Bos Aires. Inclúe artigos sobre os concellos e parroquias de Boqueixón, Oza, Vedra, Lestedo, realizando unha crítica moi dura á súa situación económica e social e aos poderes eclesiásticos. Tamén recolle a vida das institucións de emigrantes dos municipios de Teo, Rois, Ames e Boqueixón (asembleas, reunións, acordos, mocións). Por último, contén noticias da actualidade de Galicia e páxinas de pasatempos, arte e cultura.
Ilustracións:
Moi escasas, hai unha fotografía de Jesús Casal Vázquez (morto en Lestedo) e rodeando cada título das diferentes seccións hai un debuxo
Publicidade:
Escasa e localizada ao principio da revista, que demanda a necesidade de incluír máis anuncios.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1921: n.º 59-71
1922: n.º 72-82
1923: n.º 83-90, 100-103
1924: n.º 105-107, 109-112, 115-116
1925: n.º 117-119, 121, 123, 125-127
1926: n.º 128, 131, 134, 135, 138, 139
1927: n.º 141, 142, 145-148
1928: n.º 152-159