Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Voceiro da Xuventude da Agrupación Galaica

Entidade editora:
Lugar:
Caracas
Inicio:
1970
Colaboración
Emilio Faro; Manuel Álvarez Quiroga; María Carmen Fernández; Rafael Ramos; Ramón Contiña; Xosé Sesto López;
Idioma:
Bilingüe, con predominio do galego, aparece algunha colaboración en castelán
Formato:
28 x 21,5 cm.
Extensión:
28 páxinas
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
Caracas. Venezuela.
Contido:
Revista editada polo grupo xuvenil da Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega, que representa ao sector nacionalista da colectividade galega de Venezuela. Informa sobre o estado da Sociedade ("Reconto dun ano na Irmandade"), as reivindicacións da Agrupación e as súas actividades. Tamén aborda diversos aspectos da vida dos galegos en Venezuela e en Galicia ("A propósito de la emigración gallega", "Galicia Marginada"), e recolle informacións relevantes sobre a situación de Galicia e España.
Ilustracións:
Viñetas e fotografías de actos sociais, de homenaxes, evocadoras de Galicia etc.
Publicidade:
Aparecen anuncios de carácter industrial (unidades de refrixeración, prefabricados), comercial (bares e talleres) e libros (Gran Enciclopedia Galega).
Relacionadas:
Galicia [Caracas 1968]. 1968 (Outra publicación editada pola Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Venezuela.); Boletín Informativo da Agrupación Galaica. 1988 (Outra publicación editada pola Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Venezuela.);