Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Revista editada por la Sociedad Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1943
Colaboración
J. B. Fungueiro; José Maria Blanco; José Otero;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán, o galego emprégase en escasas ocasións, principalmente en poesías
Formato:
27 x 18 cm
Extensión:
68 páxinas
Redacción:
México, 1660. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación societaria. Proporciona abundante información sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola institución, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos sobre a mesma. No número de 1950, contén un gran número de escritos sobre Castelao que acababa de morrer (vida e obra, actos sociais desenvolvidos con motivo do seu pasamento etc.). Complétanse estas dúas grandes liñas temáticas con artigos histórico-culturais e algunha composición poética
Ilustracións:
Moi abundantes e dispersas por toda a revista. A maioría son fotografías institucionais, de sociedade, de personalidades como Castelao e vistas de Rianxo
Publicidade:
Escasa e dispersa, cunha maior concentración no final da revista. Abundan os anuncios de tipo comercial (bares, restaurantes, almacéns e tendas diversas)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1943: n.º 1,
1948
1951: s/n, n.º 4