Repertorio da prensa da emigración galega

----

Punto de Unión

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Informativa de la Hermandad Gallega de Venezuela

Entidade editora:
Lugar:
Caracas
Inicio:
1987
Deseño gráfico
Roberto Cores F.;
Distribución
Roberto Cores F.;
Fotografía
Salvador Suárez;
Publicidade
Roberto Cores F.;
Secretaría
María Sandra Herbón;
Idioma:
Castelán
Formato:
29 x 21 cm.
Extensión:
24 páxinas
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
González Gráfica, S.R.L., Caracas. Venezuela.
Contido:
Prensa societaria que ten como obxectivo, segundo o editorial do seu primeiro número, "difundir las actividades internas y estrechar los lazos de unión de la gran familia que es nuestra querida Hermandad". A revista informa das actividades culturais e sociais desenvolvidas pola Sociedade, a súa organización e composición (directivas, comités, funcións etc.), e outros aspectos arredor da mesma.
Ilustracións:
Abundantes fotografías sociais e institucionais por toda a revista. Como excepción inclúe unha fotografía evocadora de Galicia reproducida na tapa.
Publicidade:
Equilibrada e dispersa. A máis abundante é de tipo comercial (tendas diversas, restaurantes e pequenas empresas de mantemento). O resto está vinculada ao transporte (axencias de viaxes, compañías aéreas e de venda de autobuses e camións).
Relacionadas:
Aires da Terra. 1961 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Irmandade. 1965 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Hermandad Gallega de Venezuela. 1970 (Publicación vinculadas coa mesma entidade); Boas Novas. 1979 (Publicación vinculadas coa mesma entidade); Irmandade, A. 1993 (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1987: n.º 1
1988: n.º 2-4