Repertorio da prensa da emigración galega

----

Galicia [Caracas 1968]

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano de la Agrupación Galicia

Entidade editora:
Lugar:
Caracas
Inicio:
1968
Dirección
Manuel F. Ponte;
Xefatura de redacción
Rodrigo S. Juanes; Celso Emilio Ferreiro;
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
32,5 x 24 cm.
Extensión:
32 páxinas
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
Gráficas Litoral, Caracas. Venezuela.
Contido:
Publicación societaria cunha marcada orientación galeguista. A revista contén crónicas, denuncias, reivindicacións, opinións, artigos etc., de carácter político e cultural sobre a situación de España e de Galicia. Esta serie de escritos mestúrase con críticas respecto ao rumbo que está a tomar a Hermandad Gallega de Venezuela, establecendo paralelismos entre as condutas represivas exercidas pola súa directiva e o réxime franquist.
Observacións:
Para contextualizar a publicación convén indicar que en agosto de 1968 foron expulsados da Hermandad Gallega de Venezuela un grupo de socios entre os que estaban: Manuel F. Ponte, Celso Emilio Ferreiro, Rodrigo S. Juanes, Eliseo Montes Peagudo, José María Ferreiro Loredo, Nicanor Pérez Vilarchao, Manuel Teijido Gestal e Alfonso Freire González. O primeiro deles é o director da publicación e os dous seguintes foron redactores.
Ilustracións:
Case na súa totalidade son debuxos e viñetas humorísticas, a presenza de fotografías é moi escasa. En xeral as ilustracións xogan coa ironía e a denuncia no campo político
Publicidade:
Non ten
Relacionadas:
Verbas. 1970 (Outra publicación editada pola Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Venezuela.); Boletín Informativo da Agrupación Galaica. 1988 (Outra publicación editada pola Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Venezuela.);