Repertorio da prensa da emigración galega

----

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

22 aniversario 1959-1981

Lugar:
Caracas
Inicio:
1982
Fin:
1982
Coordinación
Ceferino Míguez Barreiro; José Sanmartín Sobrino; Luis Veiga Rodríguez;
Fotografía
Manuel Reimóndez Portela;
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
30,5 x 22,5 cm
Extensión:
160 páxinas
Redacción:
Arismendi a Pichincha, 126 (San Agustín del Norte). Caracas
Imprenta:
Venezolana de Impresos, C.A., Caracas. Venezuela.
Contido:
Esta revista foi editada con motivo do 22 aniversario da sociedade. Realiza unha descrición da historia do Centro desde a súa fundación e un percorrido pola xeografía, cultura e historia da Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos, anécdotas e poesías
Observacións:
O número conservado é unha publicación extraordinaria con motivo do 22 aniversario fundacional da sociedade. Descoñecemos se editaron máis números da mesma
Ilustracións:
Abundantes, predominan as fotografías sociais e institucionais, seguidas das evocadoras de Galicia, e debuxos, principalmente retratos de galegos ilustres
Publicidade:
Moi abundante e dispersa. Predominan os avisos comerciais (bares, restaurantes e tendas de todo tipo), seguidos da publicidade de bancos e de empresas provedoras de insumos e maquinaria
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1982: decembro (22 aniversario)