Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

La revista del Centro Gallego de Maracaibo

Entidade editora:
Lugar:
Maracaibo
Inicio:
1974
Dirección
A. Pérez Estévez. Ano 1974; Vicente Maceira Rey. Ano 1992;
Colaboración
A. Pérez Estévez; Ángel Martín S.; H. Comesaña; Julián Xabeza; Luís Arconada; Martín Añez; Vicente Maceira; Ken Keirades;
Periodicidade:
Trimestral
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán, aparecen algunhas colaboracións literarias en galego
Formato:
1974: 29 x 22 cm. 1992: 28,5 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 36 e 50 páxinas
Redacción:
Maracaibo. Zulia
Imprenta:
Editorial Maracaibo, S.R.L., Maracaibo. Zulia.
Contido:
Revista societaria que ten como finalidade a difusión das actividades sociais e culturais organizadas pola entidade editora (campionatos deportivos, grupos de danzas, encontros, festexos etc.). Compleméntase con artigos referidos a Galicia e á súa cultura ("Consideracións en torno al alma gallega", "Santiago y su proyección universal", "A ti Galicia"), e diversas colaboracións literarias.
Ilustracións:
Fotografías, principalmente de actos sociais e evocadoras de Galicia, viñetas humorísticas e debuxos que complementan os diferentes artigos.
Publicidade:
Principalmente anuncios de tipo comercial (salóns de peiteado, material infantil etc.), industrial (motores, ferraxerías, madeira, construción etc.) e de transportes.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1992: agosto
2004
2006: n.º 2