Repertorio da prensa da emigración galega

----

Centro Galego de Lucerna

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Maio-Xuño 1984: Galicia na Suíza
Nadal 1984: Voceiro do Nadal
Maio 1986: Arte e Cultura de Galiza na Suíza
Maio 1990: Arte e Cultura de Galiza na Suíza: Voceiro Cultural Galego

Entidade editora:
Lugar:
Lucerna
Inicio:
[1984]
Ilustración
Castelao;
Idioma:
Integramente en galego. Ás veces pode presentar algunha información en galego e en castelán simultaneamente
Formato:
20,5 x 14,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 8 e 16 páxinas
Redacción:
Lucerna. Lucerna
Imprenta:
Lucerna. Lucerna.
Contido:
Revista societaria, que con motivo da data de celebración das letras galegas edita un número dedicado ás xornadas, no que reproduce o programa de festas, fai unha descrición das diversas actividades organizadas e tamén inclúe artigos de temática variada.
Observacións:
Preséntase en formato de follas fotocopiadas e grampadas, recubertas dunha cartolina a modo de tapas.
Ilustracións:
Non reproduce fotografías, tan só aparecen algunhas viñetas de Xaquín Marín ou Castelao e debuxos ilustrando algún artigo.
Publicidade:
Está localizada nas últimas follas, abundan os anuncios comerciais e de transporte, pero hai números que non teñen ningunha publicidade.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: nadal
1986: maio
1990: maio