Repertorio da prensa da emigración galega

----

Heraldo de Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Periódico consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba

Lema:
Por y para Galicia
Lugar:
A Habana
Inicio:
1919
Fundación
Manuel Fernández Doallo;
Dirección
Hilario Ramón Alonso; R. P. Buyo; Manuel Fernández Doallo. Ano 1924 en adiante;
Subdirección
Manuel García López; Domingo Quiroga;
Propiedade
Manuel Fernández Doallo;
Colaboración
Agustín Ribas Sánchez; Alejandro Prieto; Avelino Rodríguez Elias; Fernando Penalba; Inocencio González; José María Calveiro; Juan Arévalo Viéites; Manolo González R.; Manuel Fernández Doallo; Modesto Prieto Camiña; Roberto Blanco Orres; Vicente González Paratcha; Mercedes Vieito Bouza;
Xefatura de redacción
Joaquín Otero Fernández. Ano 1920; Manuel M. Torres . Ano 1928;
Periodicidade:
Semanal. A partir de maio de 1920 é quincenal. Desde 1927 en alternancia co Eco sae cada dez días
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán (80%)
Formato:
55 x 35 cm. 46 x 31 cm.
Extensión:
Variable, entre 8 e 12 páxinas
Prezo:
5 centavos. Subscrición mensual, 0,40$; trimestral: 1,00$, semestral: 2,00$; anual, 4,00$
Lugares de distribución:
Cuba, Galicia e resto de América. En Estados Unidos manifestan ter máis de 500 subscritores
Redacción:
Cristo, 18. A Habana
Damas, 1. A Habana
Industria, 68. A Habana
San José, 7. A Habana
Imprenta:
La Caricatura, A Habana. A Habana.
Contido:
Prensa de información xeral que aborda principalmente asuntos galegos, en especial novas de Galicia (cinco páxinas están dedicadas á sección "Noticias de Galicia"). Tamén inclúe informacións da colectividade (na sección "Vida de la Colonia" aparecen referencias ás institucións e a actos sociais) e colaboracións literarias (contos, poesías etc.).
Ilustracións:
Ocasionalmente aparece algún debuxo, gravado ou viñeta
Publicidade:
Moi numerosa. Anuncios comerciais, de compañías de navegación, institucións e bancos.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1933: n.º 62-80
1934: n.º 81-92
1935: n.º 93-100,102