Repertorio da prensa da emigración galega

----

Alma Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.

Entidade editora:
Lugar:
Montevideo
Época:
1ª época
Inicio:
1919
Fin:
1927
Colaboración
Augusto M. Casas; Gumersindo de Azcárate; Herminia Fariña; Manuel Linares Rivas; Mariano de Cavia; Raúl Montero Bustamante; Sinesio Delgado; Castelao; Emilia Pardo Bazán; Filomena Dato; Francisca Herrera Garrido; Francisco Fernández del Riego; Manuel Antonio; Xosé Otero Espasandín; Xavier Bóveda;
Ilustración
Castelao;
Sinatura de artigos reproducidos
Manuel Curros Enríquez; Prudencio Canitrot; Rosalía de Castro;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán. O galego emprégase moi minoritariamente e só en poesías
Formato:
29 x 20 cm.
Extensión:
Moi variable, oscila entre 28 e 100 páxinas
Prezo:
Gratuíta para os socios
Tiraxe:
5.000 exemplares
Redacción:
Treinte y Tres, 1332. Montevideo
Imprenta:
Arduino Hermanos, Impresores, Cerrito, 691/93. Montevideo.
Tipografía La Industrial, Reconquista, 634-40. Montevideo.
Contido:
Revista editada pola Casa de Galicia, que atende a dúas grandes temáticas. Unha aborda a vida da sociedade, as súas actividades, asuntos económicos, memoria social (composición da directiva, inventarios xerais, socios falecidos, balances económicos, asistencia médica, socorros da beneficencia, movemento de socios, movemento de caixa) etc. A outra, está dedicada a Galicia, no sentido de fomentar a cultura galega, mediante a publicación de relatos, poemas, artigos socioculturais, xeográficos, literarios etc.
Observacións:
Esta publicación ten dúas épocas de edición. A segunda comeza en 1935 e pecha en 1967. O número de 1922 está dedicado a Concepción Arenal.
Ilustracións:
Abundantes fotografías de sociedade, institucionais e de motivos galegos, así mesmo aparece algunha reprodución de cadros, esculturas etc. Tamén inclúe viñetas de Castelao.
Publicidade:
Moi numerosa e espallada por toda a revista. Trátase de anuncios comerciais, de compañías de navegación, bancos e profesionais liberais.
Relacionadas:
Alma Gallega. [2ª época], 1935 (A outra etapa das dúas que tivo a publicación, voceiro da Casa de Galicia de Montevideo. E aínda existen outras cabeceiras homónimas non relacionadas con estas.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1922: outubro
1927: novembro
n. extraordinario

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. extraordinario 12/10/1922
n. 11/1927