PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: 1954: O Ano Santo no que se decide o traslado das esculturas do Concello de Santiago ao Pazo de Meirás



Carmen Polo na apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago (24/07/1954).
Fondo: La Noche.



A carta de Chamoso Lamas a Sánchez Cantón do 5 de marzo de 1954 probaba que as esculturas de Ezequiel e Xeremías pertencían ao Concello de Santiago, tras a súa compra ao conde de Ximonde en 1948. A esta evidencia sumábase unha misiva de Filgueira Valverde a Sánchez Cantón do 30 de xaneiro de 1955, que incluía unha sucinta pero elocuente observación:


“Te supongo enterado del destino que piensa dar el Ayuntamiento de Santiago a las dos figuras del Pórtico que había adquirido. Creo que estamos justificados al comprar todo lo compostelano que salga y que nos pete. Nunca podrán quejarse ya. De manera que… nos favorecen”.


Este inciso demostraba que os profetas mateanos aínda permanecían en posesión do consistorio compostelán naquel momento, á vez que revela que se decidira dar a estas obras un novo destino que implicaba a súa saída de Santiago. Este novo destino non podía ser outro que o Pazo de Meirás.



A esta documentación epistolar engádese a evidencia gráfica contida nos materiais fílmicos sen montar que se conservan do NO-DO de setembro de 1954, onde o xardín do Pazo de Meirás aparece como un escenario privilexiado da relaxada vida familiar de Franco.





Fotogramas de metraxe sen montar pertencente aos veraneos dos Franco en Meirás.
Fondo: NO-DO / Filmoteca Española / RTVE.



Destaca a notable ausencia das esculturas do Pórtico. Isto reforza a hipótese de que a decisión de enviar un “anaco de Gloria” para a residencia de verán do ditador debeuse forxar durante os fastos do peche da Porta Santa que culminaron as solemnidades do Ano Santo do 1954 . O exaltado escenario para este regalo descríbese con minucioso detalle en La Vanguardia Española e na portada de La Voz de Galicia do 1 de xaneiro de 1955 onde se relata como: “la esposa del Caudillo fue cumplimentada por el alcalde de Santiago, señor Otero Aenlle, que le dio la bienvenida en nombre de la ciudad… Doña Carmen Polo pasó a descansar breves momentos al salón de sesiones del Palacio Municipal, donde se hallaban congregadas otras autoridades y representantes oficiales que tributaron a la ilustre dama cariñosas muestras de respeto y simpatía”.


Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1955-01-30
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Francisco Sánchez Cantón
Pontevedra
Madrid
Orixinal