PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: 1948: Retirada das esculturas do Mestre Mateo do museo da catedral de Santiago

As esculturas na Granxa "El Baliño".
Fondo: Real Academia de Belas Artes de San Fernando (esquerda) / Arquivo Xeral da Administración (dereita).



Un mes despois de completar a venda dos profetas ofrecidos ao Concello de Santiago, o conde de Ximonde decidiu enviar uns operarios para retirar do Museo Diocesano as tres esculturas que permanecían alí en depósito, dados os problemas que esa situación significaba para a súa venda.
Cando Manuel Chamoso Lamas, comisario da Primeira Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, tivo coñecemento deste suceso e dado que tiña baixo a súa responsabilidade “la vigilancia de la conservación de tales piezas del Patrimonio Artístico Nacional, aunque de propiedad particular”, envioulle unha carta a Sarmiento Garra para determinar o destino das esculturas.


Esta misiva e as comunicacións que seguen coas autoridades centrais de Madrid son documentos excepcionais xa que Chamoso resume a lexislación vixente relativa a “piezas procedentes de un Monumento Nacional del que formaron unidad” sobre “las que el Estado se reserva la preferencia en su adquisición y el control de su existencia y conservación”. Ante a falta de resposta por parte do alcalde, Chamoso denunciou os feitos á Comisaría Xeral de Madrid, quen mobilizou a policía a través do gobernador civil da Coruña. Finalmente chegou unha notificación que informaba de que as esculturas se atopaban no predio “O Baliño”, pertencente ao sogro do alcalde, o médico Héctor Sieiro de la Riva.


A pesar de que Chamoso menciona catro esculturas, as pezas retiradas son tres, como se aprecia nas dúas fotos tomadas con probabilidade no predio “O Baliño” (nunha delas vese o flanco esquerdo da escultura de Santiago miles Christi).


Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1948-08-10
Carta de Manuel Chamoso Lamas ao Comisario General do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal