PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: 1946: Bouza-Brey propón que o Museo Arqueolóxico Nacional adquira as esculturas

O pazo de Ximonde en 1945.
Fondo: Durán Loriga / Museo de Pontevedra


“Un buen amigo mío, el conde de Gimonde, Don Santiago Puga Sarmiento, ha recibido ofertas de ciertos negociantes catalanes acerca de unas hermosas piezas de escultura románica de la que es propietario y de las que dan idea las fotografías adjuntas”. Así comeza a carta que Fermín Bouza Brey lle enviou o 3 de xullo de 1946 a Blas Taracena y Aguirre, director do Museo Arqueolóxico Nacional, co propósito de conseguir que o Estado se interesase en adquirir “tales complementos del Pórtico de la Gloria [...] para que no se perdiesen para España”. Esta é a primeira misiva dun expediente de catorce cartas no que se relata o primeiro intento de venda das esculturas procedentes da desmantelada fachada mateana que, desde tempo “inmemorial”, se atopaban “en posesión del conde de Gimonde”.



Imaxes adxuntas por Bouza-Brey nas súas comunicacións co Museo Arqueolóxico Nacional.
Fondo: Museo Arqueolóxico Nacional



Como explica Bouza Brey a Taracena na seguinte misiva, dúas das figuras, sobre as que xa publicara un artigo en 1933 no Boletín da Real Academia Galega, atopábanse daquela no pazo de Ximonde en Vedra, namentres que as tres restantes estaban depositadas no Museo da Catedral de Santiago.



Fachada do pazo de Ximonde en 1945.
Fondo: Durán Loriga / Museo de Pontevedra



Consciente de que non podían “dejar escapar esas piezas preciosas de nuestra escultura medieval”, os membros do padroado do Museo Arqueolóxico acordan a súa adquisición pero o director comunícalle a Bouza Brey “que no tienen dinero de momento y que adquirirán alguna de ellas”. Bouza advírtelle que se arrisca a perdelas todas, polo que Blas Tarecena y Aguirre suxire aceptar verbalmente a compra do lote e que se proceda ao seu traslado a Madrid en depósito, pero fraccionando os pagos por pezas individuais, de xeito que se puidesen usar fondos dos orzamentos de 1947 e 1948. Bouza expresa as reticencias que pode haber por parte do cabido da Catedral a que se retiren as esculturas do Museo Diocesano para trasladalas en depósito a outro museo, sen unha compra firme que xustifique distancialas de Compostela e do Pórtico da Gloria, co que formaran unidade.


Contestan dende Madrid que “por parte del Museo es imposible adquirir objetos que se hallan depositados en Entidades o Centros no pertenecientes al Ministerio de Educación Nacional, puesto que para proceder a su pago los objetos tienen que haber ingresado en el Museo y éste dar una certificación de que se encuentran bajo su custodia y vigilancia”.



Os profetas Ezequiel e Xeremías no pazo de Ximonde
Fondo: Durán Loriga / Museo de Pontevedra



Ante este estancamento, o conde de Ximonde realiza unha nova oferta o 5 de novembro de 1946 propoñendo vender por separado as dúas esculturas do pazo de Ximonde, xa que o traslado non presentaba problemas, por 70 000 pesetas. Namentres, planeaba proceder ao retiro das outras tres do Museo da Catedral para facilitar a súa venda nos meses seguintes. O 17 de xaneiro de 1947, Blas Taracena transmítelle a Bouza Brey que esta solución lle parece pouco conveniente ao padroado do Museo xa que continúan interesados en conseguir o lote completo e que as dúas esculturas do pazo non deberían custar máis de 50 000 pesetas. Contesta Bouza Brey nunha misiva do 27 de abril dicindo que “ha conseguido que reviva la antigua propuesta de las estatuas por valor el conjunto, de cien mil pesetas” pero que o Museo debería encargarse de pagar o transporte a Madrid.
Chegamos ao 22 de xullo de 1947, cando o director do museo lle comunica a Bouza que o padroado acordou aceptar “el precio de cien mil pesetas para las cinco esculturas que habrían de estar situadas en Santiago de Compostela y en un lugar de jurisdicción del Estado, es decir, no eclesiástico ni de otro orden y siendo de cuenta del Museo el coste de su transporte a Madrid, el cual se realizaría en ferrocarril con el seguro de mercancía que el propietario creyera conveniente, pero no respondiendo nosotros de los desperfectos que en el viaje pudieran sufrir”.


A seguinte misiva é do 26 de xullo. Nela Bouza dille a Blas Taracena y Aguirre que informou desa última oferta ao conde de Ximonde. É o derradeiro documento do expediente pois, como sabemos pola información contida no libro de actas do Concello de Santiago, o propietario, ao ver que a venda ao Museo Arqueolóxico Nacional se alongaba sen perspectivas de resolución, ofreceu os profetas que estaban no pazo ao seu curmán, Joaquín Sarmiento Garra, alcalde de Santiago.


Epístolas
14
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1943-07-03
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1946-07-15
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1946-07-26
Carta do informador do Museo Arqueolóxico Nacional a Blas Taracena
Madrid
Madrid
Orixinal
1946-07-27
Carta de Blas Taracena a Fermín Bouza-Brey
Madrid
Santiago de Compostela
Orixinal
1946-08-12
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1946-08-25
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1946-10-22
Carta de Blas Taracena a Fermín Bouza-Brey
Madrid
Santiago de Compostela
Orixinal
1946-11-05
Carta de Santiago Puga a Blas Taracena
Vigo
Madrid
Orixinal
1946-11-14
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1947-01-17
Carta de Blas Taracena a Fermín Bouza-Brey
Madrid
Santiago de Compostela
Orixinal
1947-04-25
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal
1947-05-25
Carta do xefe da sección 2ª a Blas Taracena
Madrid
Madrid
Orixinal
1947-07-22
Carta de Blas Taracena a Fermín Bouza-Brey
Madrid
Santiago de Compostela
Orixinal
1947-07-26
Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal