PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: O soño do Guieiro

Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1981-12-01
Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981 en 01/12/1981

Madrid, 1 Nadal 1981



Benquerido amigo Valentín:

En Madrid, derradeira etapa desta nosa viaxe que tanto arrequentou as nosas máis gratas vivencias, quero darche as gracias pola tan grande pola tan grande parte que ti tiveche nilas e, de parte da miña muller e da miña desexar-vos a ti e aos teus boandanza e saúde para o ano 1982 e para sempre.

Cordiais apertas da miña dona e miñas para Celdita e para ti.


Florencio Celia


De Sargadelos enviaron-che copia dos meus poemas de O soño do Guieiro, de sátira e loita, e a petición dunhas cuartelas de prólogo. Uno-me a esta e rógoche a túa opinión encol da calidade e oportunidade dos mesmos e da súa publicación. Decidinme a da-los á lus, a pesar de que cicáis conviñera o esquecer as cousas da guerra, o feito de que os da España moura seguen lembrando-a e arelando a volta da tiranía.

Novamente unha aperta