PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Comisión Intersocietaria das Sociedades Patrióticas Galegas

Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1953-04-05
Carta de Vilanova a Seoane. 1953
Ourense
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Vilanova a Seoane. 1953 en 05/04/1953



Ourense, 5 de abril de 1953

Sr. D. Lois Seoane
Bos Aires

Moi querido amigo:

Resposto á súa afeituosa carta do día 19 do marzal, da que lle agradezo os termos de louvanza que ten pra a miña obriña sobor de Curros, aledándome que a comienda estea en tan boas mans como as súas. A obra, a pesar de todo, non saíu coma eu quixera, pois foi feita contra relox, e no orden literario aquéixase daquilas fallas naturaes dun traballo feito de présa para chegare denantes de vencer o prazo do certame. Tamén houbera querido que escribise o prólogo don Augusto Barcia Trelles, mais vexo que iso habería de atopar con dificultás debido a ter que contar co refrendo dise Centro Galego. Agradecereille me diga cantos exemprares nos enviarán ós autores, eisí como si temos algunha parte do froito da venda.
Rescibín tamén a proposta da Comisión Intersocietaria das Sociedades Patrióticas Galegas pra escribire un traballo con destino ao libro que se lle vai adicare ao noso Castelao, e que figurará á beira doutros debidos á súa pruma e a de Blanco Amor. Nin que decir ten que moi gustoso o farei.
Aprezo no que siñifican as verbas de agarimo que vosté ten pra min e prá miña obra e aitividade. Eu precuro ser tódolo dino que se pode, niste ambiente podrido e noxento que nos tocou vivire, aos que aínda vexetamos nista nosa terra aferrollada. Moito envexo ao que poden en terras eistraordinarias traballar limpamente polo decoro e rexurdimento da nosa Galiza. ¡Canto me gustaría podere estar antre vostedes nise loita xenerosa que desenrolan co ise decoro i exemprar eisilio!

En espera das súas novas, reciba unha forte aperta de seu leial e sinceiro amigo

A. Vilanova

Alberto Vilanova
Lamas Carvajal 18, 2º
Orense