PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Sempre en Galiza [audición]

Audición en Montevideo.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1971-06-25
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971
Montevideo
Nova York
A Coruña
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971 en 25/06/1971


Montevideo, 25 de xuño de 1971

Sr. Don
Luis Seoane
Paseo de Ronda 15, 6º izq.
A CRUÑA (Galicia)

Benquerido irmán:

Quero botar esta carta hoxe, aproveitando a saída do avión de Iberia. Fago, pois, atallando.
1 Nestas xvi Xornadas de Cultura Galega imos a pubricar un libro de Núñez Búa, que é, no cerne, un pequeno compromiso moral pola nosa banda e a de Canabal. Tan logo salgamos destos festexos (nos que teremos gastos de abondo), ocuparémonos de H. Bens.
2 Prégolle que nos faga un grandeiro favore. Que fale con Victoria Armesto, pra decirlle que virá a Montevideo o día 1º de agosto con Augusto Assía, xa que queremos telos con nós no Xantar de confraternidade, onde se entregará a anual Viera de Prata á audición Sempre en Galiza, pola súa laboura en 20 anos a prol da cultura galega. Nesta esmorga (que vostede sabe ben que non lle damos un senso de trangallada), queremos que interveña Augusto Assía, en galego, tocando temas socio-económicos da Terra. En canto a Victoria, desexamos que desenrole a conferencia de Os irmandiños, en galego na Asociación Universitaria (non no Paraninfo, xa que o forno non está para bolos..). Isto é moi importante, xa que en Bos Aires fará a devandita parola en castelán. Nós vamos a tiduar a conferencia así: A insurreución dos irmandiños. Será o día seguinte, ou sexa, o 2 de agosto. Fálelle tamén do trocamento do tiduo.
3 Estamos agardando nestos días a revisación derradeira da Aduana (houbo outro atraso por unha perda, no Banco da Repúbrica, dun certificado que tivemos que sacar de novo), pra xa meternos de cheo á venda. Cáseque seguro levará o diñeiro un amigo en man, posto que eiquí agora os xiros están prohibidos.

Nada máis. Agardo a resposta axiña, pra podere confeucionare o programa e imprimilo. Recordos garimosos prá súa Maruxa de todos nós, e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira