Proxecto Epístola

----

Manuel Curros Enríquez (1851-1908)

Escritor e xornalista. Pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.

A súa obra transcende máis alá da súa poesía e céntrase durante gran parte da súa vida no xornalismo. Prestixioso redactor de “El País” e a “Gaceta de Madrid. Despois dun regreso temporal a súa Galicia natal como funcionario de Facenda en Ourense, finalmente viaxaría a Cuba asentándose na súa capital, La Habana, onde funda o semanario “La Tierra Gallega” chegando a traballar tamén en “El Eco de Galicia” así como no “Diario de la Marina”.

Desde Cuba foi fundamental o seu labor en colaboración con Manuel Murguía e outros intelectuais galegos de un e outro lado do Atlántico para promover a constitución da actual Real Academia Galega da Lingua a través da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, da que foi elixido presidente-fundador.



Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]